martes, 25 de febrero de 2014

PROGRAMACION DA CORESMA

Xa estamos a punto de comezar unha novaq xeira no calendario. Comeza a coresma dentro de poucos días e é unha nova oportunidade para moitas cousas: a oración máis intensa, a escoita da Palabra, a penitencia como pedagoxía da renuncia e da xenerosidade, a peregrinación interior polo deserto para coñecer a fonte viva onde saciar a nosa sede de amor e comuñón, a vida nova que nace en nós e se renpova coa Reconciliación. Na páxina do santuario www.afranqueira.org atoparás de xeito detalado as actividades e celebracións que terán lugar durante estes corenta días. O primeiro deles é a celebración do mércores da cinsa cun retiro de oración. estamos convocados ás 5 da tarde para repasar a mensaxe do Papa Franciscopara esta copresma. Titúlase "Cristo fíxose pobre para enriquecernos coa súa pobreza" , son unha verbas de San Paulo ós Corintios e que nos axudarán a centrar asemade o tema pastoral deste ano que é a caridade. Non faltedes, é un bo comezo e unha boa forma de comezar con entusiasmo. Tamén comezaremos nesta coresma un curso elemental de Biblia e de Marioloxía. Son dous aspectos importantes da vida do cristián ligados ó santuario da Franqueira- Como a Virxe María queremos estar atentos á Palabra e cumprila en nós, pero para iso, é necesario coñecela, entendela, interpretala, amala, facela vida... que se encarne en nós. O segundo é o de ir adentrándonos no tratado sobre a Virxe María: a Biblia, a teoloxía, a pastoral, a oración, as devocións, etc... non é un curso para expertos, senón para ir afondando e coñecendo. ánimo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario