martes, 31 de diciembre de 2013

Nadal na Franqueira

NADAL NA FRANQUEIRA No primeiro día do ano a Igrexa celebra a solemnidade de Santa María Nai de Deus. No santuario da Franqueira ten un carécter moi especial, pois, polo Vínculo espiritual coa basílica papal de Santa María a Maior de Roma, todos os que peregrinen ó Santuario, participen nunha celebración, renovando a fe, orando polasintencións do Papa e confesándose nun plazo de 15 días, cun sincero arrepentimento, reciben a Indulxencia Plenaria, persoalmente ou aplicable ós defuntos. A Celebración da Misa é ás 11 da mañá e ás 5 da tarde A Clebración da Epifanía do Señor (día dos Reis Magos) está moi presente na portada románica do Santuario. Como aqueles magos, os homes, están na busca de Deus. É María quen nolo presenta no seu Meniño. Como eles adorámolo e facñemoslle agasallos de agradecemento. As Misas do día de Reis son ás 11 da mañá e ás 5 da tarde. Moitas felicidades

No hay comentarios:

Publicar un comentario