domingo, 17 de agosto de 2025

LUME, RURAL E FUTURO


LUME, RURAL E FUTURO

Resulta paradóxico que neste domingo en que a nosa terra est´ça envolta en lume escoitemos ao Xesús dicir no evanxeo que ven traer lume e está a desexar que arda. Así mesmo declara que ven taer división e non paz. Son verbas complexas cando estamos acostumados a facernos unha visión ás veces un pouco adulcorada do Señor. Lonxe de ser un profetismo amoldado a gustos e pretender que todos esteamos nunha paz ficticia que supón unha ausencia da relidade, Xesús sitúanos ante o feito de que acoller, facer un camiño de discipulado e optar por el significa unha ruptura interior, unha ruptura co mundo das tebras que non acepta o camiño do amor e da fraternidade, unha ruptura coa imaxe que nos facemos de Deus... unha violencia que supón deixra no lume purificador do Espírito aquilo que nos alonxa do proxecto do Señor. Vin traer lume, é o que di Xesús, e o bautismo co que inaugura o Reino supón unha vida nova que fará posible que sexamos todos nós partípies del. A Boa Nova de hoxe é que seguir ao Señor é escoller ser nós mesmos, vivir no risco de ser desprezados ou relegados, aceptar a exclusión por ser evanxélicos. Pero se iso fixeron co mestre que non vai ser cos discípulos. Cando a acción polo Reino non molesta nin cuestiona, entón igual estamos lonxe do Reino. 

Pero non quero deixar a oportunidade de expresar tamén a solidariedade e cercanía con tantos irmáns que sufren as consecuencias deste lumes que son un ataque e terrorismo ambiental. Lembremos cando hai xa máis de 30 anos soaban nos medios aquela canción da movida viguesa "·Arde Galicia cun lume forestal", en que nin medios, nin estructuras como as que hai hoxe, nos facían ver con pesar como se queimaban os nosos montes. Hoxe, estamos ante a devastación do que supoñamos que era un capítulo pasado e que estaba controlado. Non se soluciona todo con estructuras e estratexias, con presupostos e materiais, con gastos e inversións, nin todo o soluciona, perdoade que o diga cos avances tecnolóxicos. Hoxe, desgraciadamente, son noticia e nos produce pesar, pero así como outras catástrofes son abandoadas non so como noticia, senón como preocupación social pois senón estariamos desbordados con tanto compromiso, pasarán as semanas e o rural seguirá a ser un capítulo máis do calendario pasado e esquecido. Porque o rural non pode entrar na dinámica turística que se lle impón e participar simplemente dunha economía de servicios. O rural non é un lastre que teña que soportar a sociedade e esperar a que morra. O rural non é un surtidor de tradicións e costumes que convocan a especialistas e antropólogos para discutir sobre os nosos ancestros. O rural non é a escapada das cidades para ir a aldea e gabarse de vivir nos sitios de adianto e conexións e compras e gastos da última moda. O rural non é o reducto dun ecoloxismo exclusivista, ás veces, perdoade, un pouco pijo. O problema é cando lle cargan ao rural unha identidade que non lle é fiel a si mesma e lle impoñen o que debe ser. E cando unha sociedade perde a súa identidade e pasa a ser algo porque é rentable, entón, temos un problema.

O rural é garante de futuro, porque sen unha ecoloxía harmónica e xeneradora de renovación, dun clima sostible e renovador, as cidades están abocadas tamén a autodestrucción. A auga das cidades baixa dos montes, os mercados das cidades surtense dos campos, as carnes veñen das granxas... e se queremos calidade e non consumir o que nos mata, debemos ser coidadosos do mundo rural. Non podemos equiparar unha producción de carne, ou leite, ou ovos, ou un cultivo á unha empresa tecnolóxica. Os animais e as prantas teñen os seus procesos, o seu ritmo e o seu tempo que corresponde ao marcado polo Creador. Se se rompe a cadea, e todo está conectado, entón o home é un inimigo do seu entorno e vai acanado por sufrir as consecuencias. O rural e os montes non son so lugares de producción madeireira, nin poden quedar recluidos como productores de enerxías renovables que desfán ecosistemas. Porque a nosa pobreza é querer ser ricos, e non nos decatamos de que levamos toda a vida sendo moi ricos co que nos regala a creación. Somos partícipes dun mundo que nos foi doado, do que formamos parte, do que nos entregaron unha responsabilidade, no que nos valemos e somos parte do seu engranaxe. Non somos consumidores do planeta. 

sábado, 16 de agosto de 2025

PEREGRINAR, CAMINO DE ESPERANZA


 PEREGRINAR, CAMINO DE ESPERANZA

24 días para su romería

ESPERANZA. La raíz del término peregrino, "peregrinus" admite dos acepciones posibles: per ager, el que atraviesa los campos; per eger: quien atraviesa las fronteras. Tanto en un caso como en otro, el peregrino es un forastero, un hombre en camino hacia una meta. 
Todos estamos en camino, siempre y allí donde nos encontremos. Es un camino que para algunos toma la vía de la búsqueda de la verdad. (Rino Fisichella. El jubileo de la esperanza)

MARÍA. María contrasta con todas las formas de derrotismo, de amargura, de pesimismo y de aislamiento, haciendo ver que no son las realidades últimas. la realidad última es la redención, de la que ella es signo, especialmente en los momentos de temor y oscuridad.(C M Martini. Una libertad que se entrega)

SANTUARIO. En el 714 la invasión musulmana provoca el abandono de la iglesia tudense. Los habitantes de A Paradanta esconden la imagen de la Virgen en la montaña por miedo a que sea profanada. Tiempos difíciles para la vivencia comunitaria de la fe.

La imagen de la Virgen oculta es signo de su presencia velada que mantiene el rescoldo de la esperanza de nuevos tiempos.



viernes, 15 de agosto de 2025

UN CAMINO DE GLORIA

UN CAMINO DE GLORIA 

25 días para su Romería

Hoy celebramos la Gloria de María. Elevada a Dios en cuerpo y alma. A partir de este día proponemos un camino de reflexión sencillo a partir de tres aspectos que vamos a compartir en estos medios de difusión del santuario. Cada mensaje llevará tres dimensiones: la esperanza , con una frase alusiva; la vida de María con un pensamiento y, finalmente, algún acontecimiento de la larga historia de la presencia de la Virgen maría en el santuario de A Franqueira.

ESPERANZA. El mensaje cristiano de la esperanza hace que los cristianos tengamos que oponernos no solo a los escépticos y a los despreocupados, sino también a los trágicamente resignados que se preocupan mucho, pero no hacen nada, y miran el combate históricos como un empresa desesperada. Por ello en la esperanza no solo tenemos algo que beber, sino que tenemos algo que cocinar (Ernes Bloch). La esperanza es, sobre todo, el condicionamiento con el que hay que ir preparando, desde ya, la mesa de los manjares suculentos y vinos generosos, que es el festín del Reino de Dios. J Victoria. Dar razón de la esperanza en tiempos de incertidumbre. CJ

MARIA. María es el más claro ejemplo y la demostración de la verdad de la escritura "si participamos de sus sufrimientos, participaremos también de su gloria". Nadie ha sufrido con Jesús como María y por esta razón nadie es más glorificado con Jesús que ella.... Contemplamos a María en la gloria porque ella es imagen y prenda de lo que un día será toda la Iglesia. María alaba a Dios y, alabando, se alegra, goza y exulta. (R. Catalamessa María espejo de la Iglesia. Edicep)

SANTUARIO. Distintas fuentes sitúan el nacimiento de la devoción a la Virgen en los parajes de A Paradanta en la época sueva. Los eremitas fueron la semilla orante y comunitaria de lo que sería un pequeño cenobio que después se convertiría en monasterio benedictino y posteriormente cisterciense. La diócesis de Tui era una diócesis muy organizada en la iglesia bracarense como consta en el parroquial suevo del año 570

domingo, 10 de agosto de 2025

ESTAD PREPARADOS

 


ESTAD PREPARADOS

Que bueno encontrarse con personas que nos manifiestan su disposición a atender a nuestras necesidades. Cómo se nos llena el corazón cuando alguien nos dice "estoy a  tu disposición" "cuando necesites algo no dudes en llamarme" "cuenta conmigo para lo que te haga falta". Estad siempre dispuestos, en el días a día. 

hoy Jesús, siguiendo su itinerario de enseñanza en el camino del discipulado, nos invita a que esperemos de forma activa, realizando la tarea que se nos ha encomendado, con la ropa de trabajo y las lámparas encendidas. Que buena imagen para reafirmar nuestra constancia y nuestra paciencia, actitudes tan necesarias en el camino de la esperanza. Una sociedad tan acostumbrada a navegar en el nerviosismo de lo inmediato, de ir ganando nuestras experiencias que nos acaban llenando de insatisfacciones, el Señor reclama de nosotros una espera paciente, discerniendo en el día a día una respuesta de entrega y servicio.

Ropa de trabajo y lámparas encendidas.

domingo, 3 de agosto de 2025

AO CRISTO DA VICTORIA


AO CRISTO DA VICTORIA 

Ergueito nun patíbulo,
fendido o teu peito nun manacial de amor,
posto de pe, como estandarte,
como timón dunha nave,
como lumieira dunha noite,
como monte potente e rexio.

Ergueito, véxote Cristo da Victoria
esperando unha tarde máis,
na que saes camiñando polas rúas
despacio, sen presas,
como querendo atender a cada filla e fillo,
despacio, pechados os ollos
concentrado no intre sereno da entrega.

Así, como chamndo as portas do corazón
en cada vida desfeita pola soidade,
corazóns amargos de dor e sufrir,
almas en búsqueda que interpelan ao ceo.

Cristo da Victoria
hoxe vences, derrotas,
coa forza do amor
o pecado e a morte
hoxe estás connosco na batalla cotiá
hoxe vences, hoxe fasnos teus..

Cristo da Victoria, hoxe e sempre

NON MAIS INCENDIOS


NON MÁIS INCENDIOS 

É moi desalentador pensar que segue a haber xente que poida prender lume ao monte e por en perigo a vida das persoas, os recursos e esquilmar unha fonte de saúde e vitalidade como é o da natureza. 

Desde o día 24 de xullo todos os recursos que consumimos é débeda con oso planeta, pois xa chegamos ao tope da capacidade de rexeneración e sostenibilidade da nosa Casa Común. Polo tanto, todo o que estamos a consumir vai en detrimento da nosa terra. 

 Estes novos ataques ao monte é unha agresión ao mundo rural. Supón un paso atrás na posibilidade de desenrolo das nosas parroquias, non so polo retraso no crecemento do monte e a baixada de ingresos na venda da madeira e nunha economía ecolóxica, senón na vida saudable como sinal de identidade do rural. O coidado do monte debe ser preventivo durante todo o ano, que este ano o inverno foi moi húmido e provocou que, coa chegada do calor, medre desmesuradamente a maleza, senón tamén o aproveitamento dos recursos de forma máis racional e sostible. A implicación de todos debe involucrar ás novas xeracións que de cada vez vanse desvinculando da aldea, quedando esta a ser o refuxio dos maiores que resisten e que non teñen a capacidade de poder coidar das propiedades.

Coidemos do noso ben natural, agasallo de Deus

A COBIZA MATA

 


A COBIZA MATA

Nestes domingos fomos vendo os baseamentos da nosa vida de discipulado: a mandamento do amor a Deus e ao próximo que nos leva a unha mirada misericordiosa, somos acollidos, coidados, curados polo Bo Samaritano; a escoita da Palabra aos pes de Xesús para o discernimento do noso ser e facer; a oración confiada na providencia do Pai. Nesta ocasión, ante a petición dun home que lle pide a Xesús que sexa mediador na herdanza co seu irmán, da pe ao Señor a falarnos da nosa relación social no traballo, na economía e sociedade, no ben común e na libertade para sermos quen de facer do noso mundo un lugar máis xusto e fraterno.

A parábola que emprega Xesús é a do home que recolle unha grandísima colleita. A súa decisión é a de construir uns cleiros máis grandes, para moitos anos, comer, beber, e a ¡vivir!. É unha opción tomada desde un plantexamento no que a cobiza non lle da outra mirada máis que a do seu propio beneficio. Será a sentencia dictada pola palabra cando di "insensato, esta noite vaiseche reclamar a vida". Resoa dun xeito moi radical e forte. Non ter en conta a fraxilidade e o limitado da propia existencia. Cantas riquezas quedan estragadas por valorar únicamente o momento inmediato. Como dicían daquel multimillonario, que con noventa anos estaba sumamente preocupado polas ganancias que lle poderían dar os resultados da bolsa. ¡Canto ben podemos facer se sabemos por no prioritario o ben común! 

A cobiza, que é unha idolatría, polo tanto unha adoración a un obxecto, escraviza, e non nos fai pensar con seriedade o destino dos nosos bens. Pois nesta parábola, inspírase tamén a necesidade de traballar para que o destino dos bens sexan adecuadamente repartidos. Na sociedade somos consumidores, polo tanto obxecto tamén de negocio, non somos cidadáns libres que saiban discernir desde unha economía ben prantexada, senón máquinas de consumo que poden facilitar o proggreso económico a través dun consumo desaforado. Así, desde a nosa opulencia, tantas veces movida con un desexo desenfrenado de gastar e disfrutar, podemos non darnos conta que moitos dos bens que posuimos están elaborados co sangue de escravos doutros lugares. Quen sabe se os materiais cos que se elaboran algunhas das tecnoloxías que temos mna casa están feitos coa extracción de minerais onde se usa man de obra infantil, ou roupa de lugares onde mulleres e nenos están a coser prendas que logo se colgan nas tendas máis famosas e prestixiosas. 

O destino xusto e universal dos bens, a capacidade de favorecer ao ben común, o coidado dos recursos, a economía circular, a austeridade e o control do gasto persoal e comunitario... é unha chamada evanxélica para facer un mundo maís xusto, equitativo. 

A cobiza leva a enfrontamentos violentos, a xeoestratexia segue a ser a folla de ruta de moitos países que supoñen unha ameaza para a paz e a harmonía. A cobiza escraviza, non da libertade, a cobiza mata toda posibilidade dun futuro fraterno, mata a esperanza dun mundo mellor. 

Xesús nace na pobreza e vive na austeridade, vive na libertade de non sentirse atado aos bens. Segue sendo interpelante e unha chamada á nosa conversión. Cristo coa súa pobreza enriquécenos.

María ensínanos co seu canto de loanza o agradecemento ao don que procede do amor de Deus. E descúbrenos a lóxica do Pai que levanta dalle fartura aos famentos e aos ricos desoídeos baleiros, non por nada, senón porque o que pon o seu corazón nas cousas cre que non lle fai falta nada de Deus, non ten a humildade de pedilo, pois pensa que todos lle deben.