
SANTIAGO. PEREGRINOS DE ESPERANZA
Celebramos neste día ao noso patrón Santiago. Refernte de discipulado para todos os crentes, e columna na que se fundamenta a fe pola súa predicación. Hoxe conmemoramos o seu martirio, culminación dunha vida entregada a un proxecto que comezou no labor cotiá do traballo. Santiago, xunto ao seu irmán Xoán e o seu pai, traballaba arranxando as redes na ribeira do mar de Galilea. Unha tarefa do máis normal, posiblemente comentando a pesca da noite anterior, as novidades do pobo, os acontecementos da presenza dos romanos na terra, ou facendo proxectos de futuro, como xestionar o traballo, as dificultades da pesca... iso, o máis cotiá. E nesa situación ven chegar a un home, descoñecido, anónimo, que nin sequera se presenta, nin di o seu nome. O poder de atracción de Xesús non deixa de sorprender. So unha palabra, que non fai máis que cambiar totalmente as súas vidas. Isto é o que relata Mateo e Marcos, en cambio Lucas nos fala dunha estancia máis prolongada xunto a Pedro e Andrés, predicando desde a barca de Pedro, deixando caer paseniñamente a semente do Reino, facendo que o seu interior vai medrando a sede, a ansia de querer escoitar e saber máis, de ir ratificando con seguridade que este é o Mesías. O cumio chega cando, despois de non pescar nada, Xesús convídaos a volver a pescar. Unha tolemia, pero na palabra, Pedro accede. E a pesca é sobreabundante, o fenómeno realiza non so milagre de encher ata arriba a posibilidade de solucionar por unha tempada os ingresos, senón que sinten que acaban de ser pescados, de ser arrebatados a unha nova dimensión da realidade. Meus amigos, tivo que ser arrollador. E desde entón a amizade foi medrando en intimidade, en calidade, en revelación do que estaba a configurar a cada un dos discípulos, pasando de ser seguidores en garantes, de aprendices en testemuñas, a ser verdaeiros pescadores. E Santiago quixo atravesar o Mare nostrum, o marcoñecido e conquistado polo imperi para chegar ao mar inmenso, descoñecido, ao Finisterrae, para ver que pescar para o Señor non ten lindes, onde o sol se dorme pausadamente para convidarnos a esperar no Señor que o luceiro da mañá anuncia a chegada da Vida sen fin. Porque o Finisterrae non é a fin senón unha invitación a adentrarnos no alén que nos impulsa a unha esperanza sen fin.
Prepara a túa mochila. Que vas por nela? Cres que para camiñar como peregrino da esperanza necesitas moitas cousas? Posiblemente seguir arrastrando o que nos carga nos da a seguridade de que non imos necesitar nada, e iso é un lastre para medrar na esperanza. Quen espera non acumula pois recoñece que o que lle é dado e o que será regalado está a encher a vida de fortaleza. Para facer a peregrinación da esperanza é necesaria a constancia e a paciencia, a superación dos atrancos e aguantar a dor das boxas que saen nos pes. Camiñar en esperanza é ir sandando feridas, agarrarse ao caxato, saber beber con pequenos sorbos a frescura da auga das fontes. Ser peregrino da esperanza é camiñar en comunidade, facer o camiño que xa fixeron outros e velo como se vai tgransformando, pois o camiño faoi ao peregrino e o peregrino fai o camiño.
Santiago tiña unha esperanza que nace dunha palabra e dun compromiso. Palabra que o chama, vocaciona, e compromiso que é resposta activa. Descansa na nosa terra o amigo do Señor e fainos peregrinos da resurrección. Levanta a ollada peregrino e lánzate a dar o paso de chegar á meta soñada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario