domingo, 6 de marzo de 2022

COA UCRAÍNA


Non pensabamos ter tan preto a guerra, ou máis ven, estar tan atentos a unha situación que nos afecta directamente. Pois guerras, por desgracia, vemos unha e outra vez. Non hai tantos anos que Europa vía con incredulidade un xenocidio nos Balcáns, e sen ir tan lonxe no tempo, os refuxiados de Siria atoparon as fronteiras pechadas cando fuxían da guerra... e insisto, non hai tanto tempo. 

Nesta ocasión vemos tambalear un orde social e internacional, quizáis pillado polos pelos, soportanto negociacións absurdas de anos incomprensiblemente complacentes cos que non aceptan na esencia a dignidade das persoas e os dereitos das mesmas. Porque este suposto orde ven dado por un equilibro económico de consumo que está minando e separando aos países ricos dos pobres. Non so foi a pandemia, senón moitas otras actitudes e decisións as que marcan as diferencias sociais, e tamén entre países.

E agora, que facemos? Pois para a emorraxia das feridas, pero teremos que ir á orixe da infección e sanar. O mundo está en observación, pero non deixemos que teña que entrar na UCI. Pero moitas mentes, pesamentos e corazóns está en estado de coma. Uns inducido pola situación que lles atordoou, outros pola desidia e deixándose anestesiar polos placeres, outros tomando un placebo que os convence de que nada está a psar e que é norma que haxa problemas e conflictos.

Precisamos tomar conciencia do que sucede, estra informados non é emborracharse de información, senón seleccionar e reflexionar. Hoxe podemos acceder a moitos datos, e envolvernos de terribles imaxes. Onte víamos a eses pais desesperados no hospital na morte do seu filliño de meses. Pero, amigos, con pesar digo, esas imaxes levamos anos véndoas en Orinte próximo, en Africa, en América latina. Si, desgraciadamente, os nenos e anciáns, os que teñen mermadas as súas capacidades, moitos son os inocentes que levan as de perder.

Facemos ao tomar conciencia de quen somos, pregoeiros da Boa Nova. Benventuranza para os que traballan pola paz, pois serán chamados fillos de Deus. Se buscas a paz creas fraternidade recoñecendo a orixe da nosa condición humana, fillos e fillas de Deus, irmáns. A compaixón ven dada non so polos sentimentos de dor ante este drama, senón, na empatía co irmán que sofre e compadecerse é unirse á mesma dor e buscar xuntos o consolo.

Convídote a que entres na páxina da nosa Cáritas diocesana e vexas as opcións que ofrecemos. Estamos a  traballar en rede coas Cáritas de Ucranía, Bulgaria, Polonia, Moldavia e Romanía, acollendo aos refuxiados e dándolles todos os servizos que precisan. Para colaborar entra e podes ver as opcións

https://www.caritas.es/tuivigo/emergencias/caritas-con-ucrania/

Que a Virxe María, Raíña da Paz nos alente a todos

moitas grazas

Xabier


No hay comentarios:

Publicar un comentario