No mes de xaneiro temos unha cita co tradicional Cerco
de San Sebastián que terán lugar en Prado da Canda o sábado 13 de xaneiro, ás
10,30 da mañá e na Franqueira o sábado 20 ás 10 da mañá. Este ano
intensifiquemos a petición para que o Señor nos siga a bendicir coa auga da
choiva tan necesaria e dando grazas polo don da vida que recibimos.
Esta tradición está arraigada nas nosas parroquias desde hai séculos, de feito, no libro da confradía da Franqueira xa aparecen descritas as rogativas no século XVI. Esta é unha oportunidade para achegarmos ao fogar común, o tesouro da creación entregado polo Pai Bo e bendicir e responsabilizarnos do seu coidado.