miércoles, 4 de junio de 2025

VIVIR NO MUNDO

 


VIVIR NO MUNDO

E que Xesús, o Fillo de Deus, nado de María Virxe, vive no mundo,e ama este mundo, e porque non quere ver sufrir nin padecer fai que o seu Espírito camiñe connosco. Canto no custa comprender que non somos alleos as realidades nas que estamos, que nos doe o que lle pasa a moita xente inocente e que levan sobre os lombos pesados brazados de inxustizas, loitas e silencios. Porque Deus ama ao mundo manda a súa Igrexa que sexa faro de esperanza e confiada verba que acariña os corazóns doentes. 

María, cosolo e esperanza nosa, ,míranos e camiña connosco nesta andaina de séculos e axúdanos a ter un corazón aberto a amar a todos como teu Fillo nos convidou. Non é doado dicilo, pero temos que metelo na nosa cabeza e no noso corazón vivir no mundo ten que nacer do amor. Vivimos neste século, neste tempo e lugar e con quen camñamos espera dos crentes unha aperta de amor. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario