PASCUILLAS: UN ESPÍRITO NOVO
Xa é Pentecostés, 50 día de Pascua, 7 semanas de encontro glorioso que culminan no xúbilo dunha Nova Creación, un Novo Pobo, unha Nova Humanidade, unha Nova xeira, un camiño que comeza na resurrección na que pasamos a participar. Pois o novo Adán, Cristo Xesús, abriu as portas pechadas para que Graza e o Amor sexan os froitos dos que comen os que habitan no xardín da Vida. Todo é Graza.
Unha Nova creación na que todo volve ao seu orixinal dono, o Creador, que distribúe sabiamente ceos e terra, os tempos e estacións. A beleza do facedor rescatará e porá no seu lugar a beleza da súa obra máis fermosa: a persoa humana, se se deixa coidar e agarimar.
Unha Nova humanidade que devolve no xúbilo os vínculos de fraternidade facendo que cada persoa sexa irmán e ninguén poida ser situado nun segundo lugar.
Un Novo pobo que se deixa guiar polo impulso do Espírito para ser vínculo de unidade e paz no medio do mundo. Un pobo guiado pola escoita e a oración, pola caridade e a esperanza.
María, creatura excepcional, muller nova, vínculo dun pobo orante, que esina a escoitar ao Espírito e a orar no Señor.
Nesta Romaría das Pascuillas no Ano xubilar somos convidados a peregrinar na esperanza á Fonte de Grazas que é María. Camiñemos como imaxe dun pobo que pon a súa ollada no infindo amor de Deus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario