viernes, 6 de junio de 2025

HISTORIA E ACTUALIDADE DAS PASCUILLAS

 

Historia e actualidade das Pascuillas


O santuario é a meta das peregrinacións  que nas dúas romarías anuais ten unha importancia esencial. Como imaxe da Igrexa peregrina, as parroquias dos arredores ascenden ao santuario o luns de Pentecoste para participar na Romaría de Pascuillas. Saen do templo parroquial presididos pola Cruz e acompañados por símbolos procesionais como os estandartes e pendóns. Portan a imaxe, preferentemente da Virxe, para, logo de orar, subir en oración e festa. 

Conforme se describe nos antigos libros do mosteiro tres monxes acudían a recibbir as peregrinacións. Un monxe facíao na cruz de S Sebastián no tramos do Camiño Real cara a Cebreiro, outro monxe o facía nos Bidueiros e o terceiro onda o Santo Cristo, que ven sendo onda a antiga Capela, actualmente o ceminetrio vello e onda a Fonte de Prado.

O mosteiro tiña unha forte influencia económica e social e moitas das parroquias das comarcas, os libros de rendas teñen o nome de moitas da leiras que estaban arrendadas en parroquias que coinciden coas que tamén peregrinan desde antigo. As imaxes recollíanse no interior do templo como así o vemos en fotos dos anos 40 e 50 do século pasado, e eran celebrados os cultos coa Misa e procesión. 

Aínda que o santuario é meta de peregrinacións ao longo de todo o ano, adquire a súa maior importancia en días específicos . Os tempos marcados polas estacións, os traballos agrícolas ou o calendario litúrxico son as datas esperadas polos devotos e preparadas con grande entusiasmo. O luns de Pentecoste, día de Pascuillas, pecha cunha festa mariana o ciclo pascual e así, as peregrinacións parroquiais son o primeiro froito da efusión do Espírito, a Igrexa en camiño polo mundo . Nesta romaría, coas colleitas botadas na terra, pídese en rogativa á Virxe que lles dea froito abondoso. 

O Papa Francisco instaurou o día de Pascuillas como festa de Santa maría Nai da Igrexa. Con esta designación fai posible que neste día teñamos tamén unha litruxia axeitada e unha espeiritualidade que nace deste ámibito. Con María somos Igrexa peregrina, que é froito do Espírito, Nai que enxendra novos fillos e fillas á fe, que abre camiños de caridade e esperanza no mundo, que alenta como faro e gruía de fe na comunidade humana, que quere ser testemuña de comuñón.

As procesións das parroquias realizan ao longo do camiño as “Reverencias ou Cortesías” coas que se saúdan as parroquias que se van atopando ao longo do camiño. O mesmo fan ao seren recibidas no Santuario coa imaxe da Virxe do Rosario. Os encontros, logo de tres reverencias, coa cruz parroquial, os pendóns e os estandartes, e finalmente coas imaxes, son xestos que manifestan a alegría de atoparse coas comunidades que se unen nunha mesma festa. Todo neste día de romaría está cheo de colorido e alegría, música e festa. Finalizada a xornada no Santuario, moitas das comitivas entran no templo, cantan e rezan á Virxe, que nese día permanece no seu carro e non sae en procesión; e despídense camiñando de costas sen deixar de ver o rostro da imaxe da Franqueira para non perder a súa mirada protectora, repetindo as tres xenuflexións como xesto de respecto.

Os xestos van acompañados por palabras. Así na romaría de Pascuillas moitas parroquias conservan as coplas antigas que cantan en diversos momentos da peregrinación. Fermosos poemas que traen á luz a unión da devoción e a vida. Así como os himnos propios dedicados á Virxe e que foron compostos en honra da Nai de Deus.

Virxe da Franqueira
que tes un Meniño
fainos levadeiro
o longo camiño

Cabe resaltar o labor e dedicación das parroquias para engalanar as súas imaxes, do sacrificio de portalas e vir a pe polos longos camiños, de celebrar a fe co desexo de esperar bos froitos como un signo da paciencia e constacia que nos pide a mesma natureza no ensino da vida, que todos os que fan posible que todo funcione ben, o voluntariado e as autoridades, concello e seguridade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario