CORPUS. PAN MULTIPLICADO, CARIDADE COMPARTIDA.
Xesús sentiu unha fonda compaixón pois estaban cansos e derreados, perdidos e faloulles do Reino e sandou aos que estaban vivindo o sufrimento. Chegada a tardiña convida aos discípulos a que lles dean de comer. Quere culminar a xornada, intensa e chea de signos, convidando a todos a sentar na mesa como anticipo do Reino. Entregan o que levan, cinco bolos de pan e dous peixes, bendiciunos, deu grazas, entregoullos, e, todos, sentado e grupos, isto é véndose uns aos outros, no mesmo nivel, reunidos no mesmo Señor, reciben o alimento que chega a todos.
Primeiro, neste relato que recolle san Lucas e que hoxe se le na Misa de Corpus, ven ser un esquema pefecto da Misa. Reunidos, coa vida e cansanzos, no desexo de estar co Señor,El fala, expón a Palabra, ou máis ben recibimos ao Señor na Palabra transformadora. Unha palabra, que ñe o señor, consoladora e vital, sanadora e presenza xubilar do Mesías.
Segundo, que é a entrega dos dons para a confección da Eucaristía. Pan e peixes doados, que é por en común para o beneficio de todos, a Igrexa que fai da comunidade unha invitación a compartir os bens para que a ninguén lle falte o necesario. Por na mesa, entregarlle ao Señor o que temos para que sexa multiplicado.
Terceiro. Sentados en grupos. Non somos receptores anónimos, nin é o desexo dun xesto resolutivo para dar de comer. É compartir a fraternidade na que nos une o banquete. Somos invitados, todos, ninguén pode quedar excluido, o Señor quere que todos sexan alimentados.
Cuarto. A bendición, Acción de Grazas... que repetirá na Última Cea, é a bendición do que preside, o pai de familia na Pascua, o por en nome de todos a oración común ao Pai. Isto vñemolo na longa pregaria que reza o sacerdote en nome de todos.
Quinto. Entrega o alimento aos discípulos para que o distribúan. Mediación para a entrega do mesmo Señor que se fai alimento para a todos. O novo maná, sentados no lughar de repouso do longo camiñar, guiados polo Boa pastor, Xesús, o Moisés libertador, como un pobo en peregrinación non somos desamparados, dános o pan da vida que non cesa de derramarse desde a gratuidade para todos.
Sexto. O que sobre recóllese. Nada se estraga, sempre haberá fariña na artesa e aceite na aceiteria, como nos tempos de Elías. Agora somos chamados a volver aos fogares e levar a ledicia de sermos saciados no alimento do Señor.
Día de Corpus, día de adoración. Non perdamos o sentido da admiración. Non deixemos de contemplar o Misterio dun pan que é presenza, de un banquete que é anticipo do Reino.
Hoxe, día de Corpus, día de Caridade estamos sentados na mesa do mundo para compartir a Palabra e Pan, de deixar que o señor multiplique o alimento para que todos teñan o necesario para vivir. Estamos nun día que compartimos para facer presente o xúbilo de que xa está no medio de nós a salvación e a liberación, o amor e a vida.Co lema "Namentres haxa persoas hai esperanza" Cáritas convida a todos a ser homes e mulleres de esperanza que se comparte. Esperanza que é camiñarmos xuntos cara un proxecto que parece imposible, pero que se realiza desde o miúdo.
Feliz día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario