PASCUILLAS. GRAZAS
Amencía o luns pasado deixando esbozar unha raiola de sol polo borde da Paradanta. Onde fora achada a imaxe da Virxe da Fonte, agora anunciaba unha xornada festiva de calor e ledicia. Nos vales resoaban como anticipo dun día especial as bombas que ían pregoando os camiños polos que se achegan as imaxes en procesión. Unha mezcla moi emotiva que convida á oración: luz amencida que canta a vida, o cantar dos paxaros que acompañan o espertar e as bombas resoantes que achegan aos peregrinos. E no seu carro procesional a Nosa Naiciña co "sorriso velado" a imaxe da Virxe espera ansiosa o encontro cos seus fillos e fillas. Todo está disposto.
Pasadas ben as 9 foron empezando a chegar as comitivas, un ano máis reviven os costumes, os saúdos de estantardes, pendóns e cruces parroquiais anticipan o abrazo das imaxes. Cansanzo nos rostros, sorriso nos beizos, sons de festa e algunhas bágoas polas meixelas. Pouco a pouco o recindo vaise enchendo. De cada vez vai collendo o xeito de cada ano. No santuario as Misas fan que os romeiros poidan cumprir coas súas promesas. Espazos de fe, encontros de fraternidade, saúdos de ledicia. Cada anuncio vai acompañado do Ave Maria, desta forma un rosario de esperanza imos debullando paseniñamente. Cada oración coa parroquia que chega quere lembrar aos que veñen polos que non están, aos que se xuntan polos que non poideron vir, aos que rezamos polos que necesitan fortaleza e esperanza. Unha ristra de pregarias de confiado amor á Virxe María. A ringleira foi medrando e todos queren estar na hora prevista. As 12 os sacerdotes está no altar, o bispo D Antonio estrena na Romaría e a parroquia de Mondariz coa ofrenda a punto. Soan as teclas do órgano e comeza o canto. Cada fiel tyen o guión, seguimos as notas e entoamos xuntos. Xentes de centos de lugares distintos, 69 comitivas, a maior concentración de comunidades rurais da Diocese está a unha para dar grazas a Deus con María, Nai da Igrexa, froito excelso do Espírito. Cantamos e escoitamos, a Palabra vai caendo no corazón, e a ofrenda deixa un sabor de fe agradecida que se expalla polos ceos coas voces dos máis novos, a música como ofrenda e as diversas oración como pregaria de amor. D Antonio responde coa forza de quen quere transmitir un día de ledicia e esperanza.
Rematada a Misa comeza a camiñar a procesión. Cada invocación é a ladaíña dun goteo de vitalidade que quere descender ao Santuario. Música e pasos de fe que descenden pouco a pouco abríndose paso entre as xentes. Cando chegan diante da porta soan tres badaladas. A Campá Xubilar anuncia a chegada de cada comitiva como canción de esperanza para os que se xuntan arredor do templo.
O calor vaise abrindo paso e as cortesías de despedida van dando saída a cada parroquia. Algunhas entrar a redir respecto á Virxe anfritriona. Cantos, bágos, memoria de xentes, peticións de última hora, bendicións e gradecementos. Camiños de esperanza que nos fan peregrinos no medio do mundo.Ata o ano se Deus quere, saímos sen perder o sorriso e a mirada. Esta é a que nos axuda a volver para o ano, saber que nos espera e fai que siga a medrar a nosa esperanza. Así como camiñamos ao santuario desexamos camiñar cara o ceo.
Graciñas a todos os que fan posible este día: voluntarios, porteadores, parroquias e comisións, os que colaboran con todo e os que rezan por todos, os corpos de seguridade e tráfico, os sanitarios e concello, os que cada día do ano seguen a facer da Franqueira un lugar de esperanza aos pes da Virxe. Moitas grazas. Grazas ao Bispo e sacerdotes, aos maiores que nos ensinaron a crer e os novos que nos axudan a esperar. Grazas a todos.
Estupendo, como un anticipo del cielo!!!
ResponderEliminarOrganizacion muy buena. Yo no pude ir.Cuantas parroquias fueron
ResponderEliminar