PEDRO E PAULO: FACERSE POR CRISTO
Hoxe celebrtamos a dous dos grandes na Igrexa, Pedro e Paulo. Curiosamente non se celebran por separado, logo terán a súa celebracición específica da súa identidade: Pedro o día da Cátedra o 22 de febreiro, e Paulo o día da súa conversión, o 25 de xaneiro. Logo a Igrexa pon neste 29 de xuño a festa do seu martirio, e os celebramos na mesma xornada pondo a nosa ollada en Roma, vímnculo de comuñón da Comunidade Universal.
Hoxe queron compartir algunhas ideas que nos poidan axudar a facer a nosa oración e celebrar este día:
1.- Quen toma a iniciativa de invitar a facer un camiño de seguimento é Cristo, A Pedro na ribeira do lago, na tarefa do traballo de cada día, a Paulo no camiño de Damasco na tarefa radical e fanática de perseguir cristiáns.
2.- Esta chamada que realiza o Señor é transformadora desde o amor. No díalogo Xesús lle dice a Pedro ámasme?, quéresme?, e Paulo recoñece que "Cristo me amou e se entregou por min" dirá nas cartas.
3.- O encontro con Cristo é unha proposta dun novo camiño que se realiza nunha nova identidade: a Simón chámalle Pedro para se rocha na que edificar a Igrexa, a Saulo chamaralle Paulo para perorrer camiños de evanxelización.
4.- A iniciativa é do Señor e o Plan está nas súas mans tomando a responsabilidade de "Fareite pescador de homes", "confirma aos irmáns", "ségueme" dille a Pedro. "Fareite testemuña entre os xentís" dille a Paulo. Polo que "fareite" ten como suxeito ao Señor, el é o que fai, e fai posible o imposible.
5.- Deixan Xerusalén para rematar no centro do Imperio Romano. Saír para facer chegar a todos a Palabra do Evanxeo e a acción do Espírito.
6.- Nas diferenzas foron quen de buscar xuntos, de reunirse e dialogar, de escoitar as diferenzas, de falar con sinceridade, de correxirse na caridade. Neste camiño buscan xuntos a vontade de Deus, o seu proxecto.
7.- Identifícanse con Cristo na Cruz, no martirio. Lonxe de quedar no esquecemento pasan a ser recoñecidos por ser testemuñas. Hoxe son recoñecidos en todo o mundo e cumpren unha vez máis a tarefa que lles encomendou o señor. A Palabra do Evanxeo chega aos confíns da terra.
Amén. Así sea y su palabra nos llene de esperanza
ResponderEliminar