PIEDADE POPULAR, MANIFESTACIÓN DO POBO DE DEUS
Somos testemuñas da acción creativa do Espírito na Piedade Popular. Descubrimos que, deixadas de lado intencionalidades non adecuadas como o gasto desaforado, os protagonismos desordenados, a búsqueda de personalismos, a descentralidade da fe, ou o barroquismos exterior sen fundamientación interior, vemos como a Piedade Popular impulsa unha creatividade do corazón e da caridade. Vexo como na Romaría van medrando e facéndose palpables as manifestacións de amor á Virxe María a través das imaxes renovando o seu axuar de festa, a decoración floral que é unha exposición a toda regla de beleza natural, as oracións que se compoñen para a ocasión, os poemas e cantos, uns recuperados de coplas e cancións orixinais. Ninguén sente rubor a porse diante dos demáis e cantar a pleno pulmón ou ler un poema. Caso aparte sempre merece a ofrenda que cada ano fai unha parroquia que sempre sorprende por ser a orixinalidade da comunidade, con símbolos sempre renovados e o orgullo de parroquia que se pon diante de milleiros de peregrinos.
Como María fai do Magníficat un canto de loanza, así os seus fillos e fillas recoller o sentir do mundo e das epseranzas da xentes e ponnas diante do Señor. Descubrir como o Espírito nos fai rezar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario