SAÍU DEPRESA POLA MONTAÑA
Hoxe comezamos a novena en Honor da Virxe. Facémolo invocando a María para que acompañe coa asúa presenza ás miles de persoas que dentro duns días ascenderán pola aba da Paradanta e acehgarse ao Santuario. Ela é a que nos move a saír cedo, ao despuntar o día, e camiñar con ledicia e entusiasmo a xuntarnos nunha liturxia que convina a solemnidade da xornada coa herdanza recibida dos nosos pais. Pero se afondamos un pouco máis vemos que nos deixamos guiar pola nosa Nai que nos ensina a estar movido polo Espírito santo que nos fai proclamar as grandezas do Señor. Coa peregrinación queremos levar connosco a todos aqueles que se senten impedidos a dar un paso de esperanza porque se senten atrancados. Moitos non son quen de ter motivos para erguer a cabeza e mirar o futuro con esperanza, a eses, queremos quen veñan connosco. A todos os que sinten a dor no seu interior, o medo ou o baleiro, querémoslle dicir, vinde connosco e subide ao monte de Señor, levántet irmán e camiña pois a Nosa nai está a esperar por nós.
Con María, que saíu depresa pola montaña, subamos con confianza á presenza do Señor
No hay comentarios:
Publicar un comentario