MARIA, FONTE DE ESPERANZA
Cando imos beber na fonte buscamos saciar a nosa sede e renovar os nosos corpos cansos. Beber na Fonte de María supón:
Recoñecer a nosa fraxilidade, tanto as canseiras das loitas de cada día, como o cansanzo interior da loita con un mesmo, como o agotamento dun mundo golpeado.
Achegarse a onde abrolla a auga. Necesito dar o paso de chegar e pedir a auga, a auga viva, a que me da Xesús e que fai abrollar augas vivas desde o interior.
Beber, non como un consumidor, senón como un peregrino que quere recuperar as forzas
Agradecer, pois non sae auga pola miña vontade, a fonte está ahí á espera, é gratuita, o que me devolve a vida é de balde, non ten prezo, non o podo negociar.
Saborear, coller o gusto da auga de calidade, gustar da beleza de estar saboreando a vida.
A auga, limpa, cristalina, lémbranos que María é manancial que nos rdescubre a limpeza, a pureza na que fomos creados, a beleza na que fomos chamados.
A auga devólvenos a limpeza que nos lixou o pecado, o bautismo como fonte de perdón que renovamos na penitencia.
A auga fainos seguir camiñando, con María, como Igrexa que peregrina cara o ceo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario