MARIA AUXILIADORA
Co título Auxlio dos cristiáns recoñecemos a titular da igrexa dos salesianos e sabemos identificala rápidamente. Pero imos considerar de forma moi sinxela a súa traxectoria pola historia. Xa os Santos Pais, nos primieors séculos da Igrexa, recoñecene en María a súa intecesión para protexer a todos os crentes coa súa intercesión e presenza. Será na época convulsa dos enfrentaentos entre o occidente cristián que se sente ameazado polo invasor turco, en concreto cando a Batalla de Lepanto, en que o papa Pio V decl
ara o 7 de outubro a festa do Rosario e lembra a María como auxiliadora dos cristiáns. Será o Papa Pio VII quen despois de permanecer prisioneiro por Napoleón declara o 24 de maio a súa festividade como lembranza da súa liberación. D. Bosco, fundador dos salesianos, terá especial importancia na expansión do seu culto. E como dato curioso é a patrona de China e Australia.
O que vemos no percorrido da historia é que nos momentos de dificultade e desamparo, nos perigos da vida dos cristiáns e nas ameazas da Igrexa, María pon baixo a súa protección e defende aos seus fillos. Pensemos pois cales son as ameazas que nos poidan debilitar. A min ocórrenseme unhas cuantas:
A ameaza da mundanidade. Pensar que sendo como o mundo espera que sexamos os cristiáns, de querer quedar ben con todos, de adornarnos cunha pantalla que satisfacga as espectativas de todos, de colocarnos no lugar do silencio que poida ser cómplice das inxustizas, de non alzar a voz por non molestar... de levar un proxecto que non responda aos mandatos do señor que teñen o seu fundamento da caridade.
A ameaza do éxito, dos prestixios, de ser importantes e esquecer a humildade, de controlar ou querer set quen decida e non axudar a dar pautas e que nos encamiñemos cara ao desexo de Deus que camiña connosco na historia.
A ameaza do pesimismo. Un derrotismo que se converte na metástase da nosa alma.
A ameaza da polarización interna, de colocarnos nun bando ou nouro rompendo os vínculos de fraternidade.
Destas e doutras moitas hoxe pedímoslle á Nosa señora que nos auxilie.
María Auxiliadora siempre presente en nuestras vidas
ResponderEliminarTodas esas amenazas ¡ que ciertas son! Al final siempre se trata de nuestra soberbia. De mi soberbia.
ResponderEliminar