martes, 2 de septiembre de 2025

FRANQUEIRA. 4º día da novena. Cine e xornal na Franqueira

 


FRANQUEIRA: 4º día da novena. Cine e xornal na Franqueira

Hoxe imos contemplar na celebración da tarde a Presentación no Templo. María e Xosé levan ao neno para cumprir co establecido pola lei de Moisés. Esta escea convértese na revelaciónd a luz para o pobpo que camiñaba nas tebras, a manifestación da salvación para os que esperan, entre eles Simeón e Ana, anciáns confiados nas promesas de Deus. Este momento convértese en paradigma do encontro "interxeneracional" os anciáns que ven cumprida as súas esperanzas e culminada a súa vida, e o Meniño, que abre un vieiro que recolle todo o herdado e o fai seu dándolle un novo pulo de camiño aberto cara a plenitude. Hoxe veñen participar connosco na Novena Rosa e José Manuel, delegados diocesanos de Pastoral familiar e que nos alentarán a seguir vendo na nosa familia un fogar de esperanza.

Que bo sería poder contar na Franqueira cun espazo de encontro de persoas maiores, facilitar os coidados, garantir unha saúde integral, e propor encontros interxeneracionais. 

Hoxe quero traer á memoria dous acontecementos curiosos de tempos pasados. Primeiro aclarar, que ata a desamortización, a Franqueira era unha pequena vila con certo progreso que lle daba ter un pequeno mosterior, ser vía de comunicación polo camiño real, logo virá o expolio. A incautación dos bens, herdades, terreos, o edificio por parte do estado para polo en pública subasta, deixou a parroquia- santuario so co templo e pouco máis. As ruinas do mosteiro comprounas, como xe expliquei, un abade que é onde hoxe está a casa parroquial e o adro. Tamén a incomunicación deixou orfa a pequena poboación que en 1750 contaba con mesóns, tabernas, sastre, ferreiro, vendedor de lenzos, arrieiros, posta de correos... e ata unha pequena nobreza figalga.

Nos felices anos 20 do século pasado hai dúas curiosidades. En 1923, D Ángel Espiñeira Otero, párroco da Franqueira promove a publicación dun xornal. A cabeceira reza "La Franqueira", coa apostilla "Periódico que sale una vez que otra". Nesta pequena folla da conta de novidades e comentarios sobre as Romarías, as comunicacións por estrada, necrolóxicas, estudos do párroco e homenaxes varios. está impreso en Santiago de Compostela. 
No ano 1927 estando de Ecónomo D José Fernández Parada na Franqueira, escribe unha carta a D Enrique Peinador,  do Balneario de Mondariz, para pedirlle a súa opinión sobre a posibilidade de poder ter unha sesión de cine na noite do 7 ao 8 de setembro para así os romeiros poder prepararse a apertura do santuario na alba do día solemne. Esa carta consérvase e expresa a preocupación pastoral dun xove sacerdote con miras de creatividade. Nas contas dese ano queda reflexado o gasto que pon así: "alquiler de una máquina de cine: 127 ptas., al encargado de darle a la rueda: 5 ptas". Hai que aclarar que na Franqueira chega a luz no 1956 polo que o que lle da á roda é o dinamo que fai a electricidade para visualizar a película. O que queda por saber que película puxeron.


No hay comentarios:

Publicar un comentario