FRANQUEIRA: 4º día da novena. Cine e xornal na Franqueira
Hoxe imos contemplar na celebración da tarde a Presentación no Templo. María e Xosé levan ao neno para cumprir co establecido pola lei de Moisés. Esta escea convértese na revelaciónd a luz para o pobpo que camiñaba nas tebras, a manifestación da salvación para os que esperan, entre eles Simeón e Ana, anciáns confiados nas promesas de Deus. Este momento convértese en paradigma do encontro "interxeneracional" os anciáns que ven cumprida as súas esperanzas e culminada a súa vida, e o Meniño, que abre un vieiro que recolle todo o herdado e o fai seu dándolle un novo pulo de camiño aberto cara a plenitude. Hoxe veñen participar connosco na Novena Rosa e José Manuel, delegados diocesanos de Pastoral familiar e que nos alentarán a seguir vendo na nosa familia un fogar de esperanza.
Que bo sería poder contar na Franqueira cun espazo de encontro de persoas maiores, facilitar os coidados, garantir unha saúde integral, e propor encontros interxeneracionais.
Hoxe quero traer á memoria dous acontecementos curiosos de tempos pasados. Primeiro aclarar, que ata a desamortización, a Franqueira era unha pequena vila con certo progreso que lle daba ter un pequeno mosterior, ser vía de comunicación polo camiño real, logo virá o expolio. A incautación dos bens, herdades, terreos, o edificio por parte do estado para polo en pública subasta, deixou a parroquia- santuario so co templo e pouco máis. As ruinas do mosteiro comprounas, como xe expliquei, un abade que é onde hoxe está a casa parroquial e o adro. Tamén a incomunicación deixou orfa a pequena poboación que en 1750 contaba con mesóns, tabernas, sastre, ferreiro, vendedor de lenzos, arrieiros, posta de correos... e ata unha pequena nobreza figalga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario