miércoles, 3 de septiembre de 2025

FRANQUEIRA. 5º día: Cregos e migrantes

 


FRANQUEIRA: 5º día da novena. Cregos e migrantes

Hoxe o día foi dedicado a acoller no santuario a preto de 40 cregos da nosa diocese, que, como cada ano celebramos un día de retiro. Un día entreñable, a pesares da inclemencia do tempo cragado de neboeiro e de choiva, que aínda nos recolleu se cabe, a facer máis a oración dentro do santuario. Unha horas de oración conxunta, maracada pola reflexión en torno a María Nai de misericordia, consolo e Xúbilo do noso pobo. Rematamos a pregaria co rezo do Rosario meditado, con calma e serena acollida do amor da nai sacerdotal que é icono do noso ministerio.

Á luz dete encontro quero traer a colación a sanación, como vemos na foto da taboa de milagres da Virxe os relatos que se refiren a curación de varios cregos neste santuario por mans da nosa Señora. 

O primeiro deles, que é o da foto, é o do P Juan de Castro, presidente do mosteiro, cun ataque de gota que lle acometeu, estando lisiado pediu a intercesión da Virxe e sandou repentinamente. Outro dos referidos no libro dos milagres é o de Francisco Coronel Ocampo, coengo da Catedral de Tui, no 1637, baldado dos brazos chegou ao mosterio pedindo celebrar misa no altar da Virxe. No momento de elevar as sagradas especies do pan e do viño quedou sandado seguindo a Misa con toda devoción. No 1622 Jacinto de Robledillo, coengo da Catedral de Lugo, estando gravemente enfermo, os seus pais indo de camiño desde A Guarda para visitar ao seu fillo pararon no snatuario. Pedindo á Virxe e encargando aos relixiosos que rezasen e ofrecesen unhas misas pola súas saúde, seguiron o camiño. Ao chegar a Lugo atoparon que o seu fillo sandara o mesmo día que eles estaban na Franqueira.

Os relatos que aquí recollo teñen un carácter propio da época, pero si é certo, que os personaxes detallados, pertencen cronolóxicamente a persoas que constan en diversos documentos. Este libro ao que me refiro foi recopilado e transcrito e varias ocasións. Quixen facer mención especial por ser hoxe un día que dedicamos á maña ao sacerdotes. Por iso vos pido tamén oracións polos cregos.

Pola tarde foi a novena dedicada a migración,. Contamos coa delegación diocesana que preparou a celebración e o seu delegado que presidiu a Misa. Unha fermosa reflexión, no rosario con testemuñas de migrates, e na homilía sobre a universailidade da presenza de María en todos os lugares, e alí, aonde emigra unha persoa leva consigo a presneza de María nas diversas advocacións, sendo ela consolo e fortaleza nos momentos difíciles.

Grazas a todos.

martes, 2 de septiembre de 2025

FRANQUEIRA. 4º día da novena. Cine e xornal na Franqueira

 


FRANQUEIRA: 4º día da novena. Cine e xornal na Franqueira

Hoxe imos contemplar na celebración da tarde a Presentación no Templo. María e Xosé levan ao neno para cumprir co establecido pola lei de Moisés. Esta escea convértese na revelaciónd a luz para o pobpo que camiñaba nas tebras, a manifestación da salvación para os que esperan, entre eles Simeón e Ana, anciáns confiados nas promesas de Deus. Este momento convértese en paradigma do encontro "interxeneracional" os anciáns que ven cumprida as súas esperanzas e culminada a súa vida, e o Meniño, que abre un vieiro que recolle todo o herdado e o fai seu dándolle un novo pulo de camiño aberto cara a plenitude. Hoxe veñen participar connosco na Novena Rosa e José Manuel, delegados diocesanos de Pastoral familiar e que nos alentarán a seguir vendo na nosa familia un fogar de esperanza.

Que bo sería poder contar na Franqueira cun espazo de encontro de persoas maiores, facilitar os coidados, garantir unha saúde integral, e propor encontros interxeneracionais. 

Hoxe quero traer á memoria dous acontecementos curiosos de tempos pasados. Primeiro aclarar, que ata a desamortización, a Franqueira era unha pequena vila con certo progreso que lle daba ter un pequeno mosterior, ser vía de comunicación polo camiño real, logo virá o expolio. A incautación dos bens, herdades, terreos, o edificio por parte do estado para polo en pública subasta, deixou a parroquia- santuario so co templo e pouco máis. As ruinas do mosteiro comprounas, como xe expliquei, un abade que é onde hoxe está a casa parroquial e o adro. Tamén a incomunicación deixou orfa a pequena poboación que en 1750 contaba con mesóns, tabernas, sastre, ferreiro, vendedor de lenzos, arrieiros, posta de correos... e ata unha pequena nobreza figalga.

Nos felices anos 20 do século pasado hai dúas curiosidades. En 1923, D Ángel Espiñeira Otero, párroco da Franqueira promove a publicación dun xornal. A cabeceira reza "La Franqueira", coa apostilla "Periódico que sale una vez que otra". Nesta pequena folla da conta de novidades e comentarios sobre as Romarías, as comunicacións por estrada, necrolóxicas, estudos do párroco e homenaxes varios. está impreso en Santiago de Compostela. 
No ano 1927 estando de Ecónomo D José Fernández Parada na Franqueira, escribe unha carta a D Enrique Peinador,  do Balneario de Mondariz, para pedirlle a súa opinión sobre a posibilidade de poder ter unha sesión de cine na noite do 7 ao 8 de setembro para así os romeiros poder prepararse a apertura do santuario na alba do día solemne. Esa carta consérvase e expresa a preocupación pastoral dun xove sacerdote con miras de creatividade. Nas contas dese ano queda reflexado o gasto que pon así: "alquiler de una máquina de cine: 127 ptas., al encargado de darle a la rueda: 5 ptas". Hai que aclarar que na Franqueira chega a luz no 1956 polo que o que lle da á roda é o dinamo que fai a electricidade para visualizar a película. O que queda por saber que película puxeron.


lunes, 1 de septiembre de 2025

FRANQUEIRA. 3º día da novena. Unha medalla en Filipinas

 


FRANQUEIRA: 3º día da novena

Hoxe lembramos no texto da novena da Virxe o Nacemento do Señor. Sendo como é este ano Xubileo dos 2025 anos da Encarnación e Nacemento do Redentor, e asemade, Xornada de Oración pola Creación, permitídeme que lembre que naquela noite rodean o lugar de tan grande misterio os ceos estrelados, a lúa e os montes, os campos e bestas, animais de traballo e homes e mulleres que ás carreiras queren ver ao meniño na manxadoira. Nin os astros, nin os anxos, queren estar fóra, e a estrela, signo da fe, guiará aos sabios de Oriente. Con estas claves podemos entender que chegados os tempos, toda a creación participa no parto, pois espectante estaba toda a feitura de Deus, esperando o tempo do xúbilo que marca a salvación de toda a humanidade, que dará comezo aos tempos dunha nova creación que se encamiña, na resurrección, cara a plenitude do gozo, do xubileo eterno.

Segundo un artigo de prensa lemos que no outubro de 1970 falece a nai do que fora bispo de Tui-Vigo Frei Xosé López Ortíz. Dona Leonor Ortíz, que así se chamaba, viaxara en moitas ocasións ao santuario. Con motivo da coronación lle fora regalada unha medalla da Virxe, que ela gardou con moita devoción. Cando o seu fillo, da orde agostiña, foi a Filipinas para a conmemoración do IV centenario no 1965, tivo a ben que esta medalla fora doada ao Neno Xesús de Cebú. Esta imaxe do Neno Xesús foi un presnete de Magallanes ao rexedor nativo en 1521. Cando chegou a expedición de Legazpi anos despois mantiveron unha contenda na que atoparon esta imaxe custodiada nunha caixa de madeira. Mandaron construir o primeiro templo de Filipinas e que hoxe é basílica menor. Frei Xosé entregou a esta imaxe a medalla da Virxe da Franqueira con estas palabras "al aceptar esta ofrenda pongo en el Divino Niño la ofrenda de los hombres y mujeres de mi amada diócesis en esta medalla de la Virgen de la Franqueira". Pois como ben vedes, a imaxe máis antiga de Filipinas ten no seu tesouro unha medalla da Nosa benquerida Nai da Paradanta. Curiosidades da historia.