FRANQUEIRA: 8º día. INFANCIA
Estamos xa as portas da solemnidade da Natividade da Virxe. O seu nacemento foi a ledicia do mundo, a estrela do nacente que anticipa o comezo do día. Neste sábadso imos celebrar as misas dos peregrinos ás 9 e 10,30 e na Misa das 12 teremos o Funeral polo Devotos, peregrinos e romeiros da Franqueira. Pola tarde a Novena estará desdidada aos meniños. Unha celebración que desexomos transmitirlles aos pequenos o gozo da fe e a confianda presenza de María nas vidas dos máis pequenos.
Teremos conosco responsables do CAD, (Centro de Atención de Día) que ten Cáritas diocesana de Tui-Vigo na cidade olívica e que atende de foma integral a 17 menores. Imos coñecer este programa e a dedicación aos nenos máis indefensos.
Lembremos tamén con moito agarimo ás familias que tantas veces acuden á Virxe traendo os seus nenos para presentarllos á Virexe, e moitos que piden ter familia nos fillos que desexan enxendrar.
Quero taer a lembranza dun feito da historia dos milagres da Virxe o que aconteceu no ano 1609 no que Lorenzo Andrés e Francisca Martínez non puidendo ter fillos acudiron a rezarlle nove sábados á Virxe. No último día, chegados a cumprir co seu ritual de orar ante a imaxe da Nai atoparon con sorpresa que nas altar do templo unha criatura. Este naipelo era o signo do milagre que unha vez obraba ante as súplicas ferventes dos seus fillos a Nai de Deus. Percorreron diversos lugares en busca da nai biolóxica e non a atoparon. Así que, deciden aporfillala, pero agora queda alimentar a criatura. Buscaron nodriza e non a atoparon, así que, redidos polo sono quedaron a dormir. Despertou a muller vendo que os peitos botaban leite e o neno comendo. A nena puxéronlle por noma María de la Fuente. (Na foto recolle o milagre na tabla dos exvotos antiga)
Existen ademáis documentación das criaturas deixadas ás portas do mosteiro e da igrexa en tempos de fame para que lles buscasen familia, como consta nunha nena bautizada no segundo tercio do século XVIII con nome de María Ventura do Espirito Santo.
Qué milagro más hermoso! María siempre protegiendo a sus hijos
ResponderEliminar