viernes, 5 de septiembre de 2025

FRANQUEIRA: 7º día. HONORES E HOMENAXES

 


FRANQUEIRA. 7º día. honores e homenaxes

Cando queremos eloxiar a unha persoa pola súa aportación ao ben común, un estudioso, un científico, un filántropo, fanse homenaxes, eríxense momumentos, dánselle títulos e medallas. As concesións nobiliarias recentes concedidas a investigadores ou a un deportista. As rúas cos nomes de escritores, pintores, inverntores, etc. As construcións conmemorativas as vítimas, tantas veces inocentes, os soldados caídos en combate. Todo isto constotúe unha manifestación da nosa historia. 


A Nosa nai da Franqueira foronse incorporando ao longo da historia diversos homenaxes conforme a cada época. O máis salieñable foi o da Coronación Canónica, concedida pola Santa Se no 1958 e celebrada coa coroa doada polos devotos e romeiros no 1963. Tamén, anteriormente a concesión de indulxencias no ano 1439 no sínodo de Lope de Mendoza en Santiago de Compostela. As indulxencias de Pio IX no rezo da Novena, a consagración da Diocese no 1988, o Vículo espiritual coa Basílica de Santa María a Maior de Roma no 2012. E tamén a concesión de Alcaldesa Honoraria dos concellos de A Cañiza (31 de maio de 1957), Alcaldesa de Arbo (28 de setembro de 1960) e Alcaldesa de Mondariz- Balneario (1973). Na foto tes o Bastón de alcaldesa Honoraria entregado no ano 1957

Todo é pouco para agradecerlle a Virxe María.

Este títulos e homenaxes recoñecen a grandeza da presenza da Nai de Deus connosco. Pedimos que sexa un signo alentador de esperanza para todos. Hoxe temos na novena a oportunidade de facer un recoñecemento do seu amor e cercanía, consolo e esperanza coas mulleres vitimas de trata e violencia sexual. Veñen de Cáritas Diocesana de Ourense presentarnos o seu programa Alumar. Que melor homenaxe que estar cerca das mulleres que sufren esta escravitude oculta do século XXI

No hay comentarios:

Publicar un comentario