jueves, 4 de septiembre de 2025

FRANQUEIRA 6º dia. Vocación

 


FRANQUEIRA. 6º dia da novena. Vocación

Hoxe temos a nosa pregaria adicada a rezar polas vocacións. Ser chamados é o xerme fundamental da nosa existencia. Somos chamados á vida, convidados á fe, provocados a unha opción. Toda a nosa vida é unha resposta agradecida. O mundo prantexa o día a día de éxitos, vitorias, logros realizados e grandezas. A resposta de fe é desde o discipulado. É o Señor quen propón desde o amor... quero que sexas... o meu enviado, a miña testemuña, o meu heraldo, a miña caridade, a miña misericordia... e el é o garante dándonos as capacidades e impulsando pola consagración como elaborar ese camiño.

Un lugar como a Franqueira ten vista e escoitado nos seus muros a infinitude de monxes e cregos, de relixiosos /as, de consagrados e misioneiros, de segrares entregados á misión da comunidade cristiá. Para unha mostra un botón, os cistercienses que viviron nesta casa durante séculos, no silencio, na lectio divina,na caridade e na actividade social creando unha dinámica agrícola e gandeira, implantando novos cultivos, transmitindo cultura. Sufriron a devastación da desamortización.

Como todo vai cambiando, tamén a pastoral, unha piedade popular que mantivo viva a devoción á Stma Virxe e permanecendo no tempo cada vez con máis frescura e renovada no Concilio. Este santuario acolleu con gozo as proclamacións dogmáticas da Virxe María e promoveu misións populares que eran unha chamada á conversión.

Moito temos que falar do clero secular. Párrocos entregados que foron quen de ir aportando de cada vez un novo eslabón espiritual. Cando nos achegamos aos documentos rezuman frescura e reflexión, as iniciativas: peregrinacións, como a do 1954 por toda a comarca coa imaxe da Virxe, os anos xubilares, as Marchas penitenciais dos anos 70, o Vía crucis, a Consagración da Diocese á NOsa Señora nos 25 anos da Coronación... iniciativas culturais e sociais, caritativas. É ben cero que queda moito por facer, pero Deus inspira e María sempre está atenta.

1 comentario: