martes, 3 de junio de 2025

TODO, MEU, TEU E GLORIA

 


TODO, MEU, TEU E GLORIA

Benqueridos todos. Hoxe a palabra nos intro duce na oración de Xesús na derradeira cea. Unha pregaria de confiado diálogo co Pai, unha intercesión, sacerdotal de Xesús polos seus. 

Xesús fala de ti a Deus, fala coa confiaza dun fillo agradecido, que está espertando paseniñamente unha comuñón de amor que culmina na cruz e na resurrección. Presneta aos seus discípulos para que participen desta mesma peregrinación.

Todo, todo é e pertence ao Pai. Todo ven del e todo é entregado para a tarefa que se desvela na palabra encranada e no coñecemento de Deus. A comuñón manifesta que "todo o meu é teu e todo o teu meu" O que se manifesta na vida, na comuñón dos discípulos será para gloria de Deus.

María o entrega todo, o seu futuro pasa a ser partícipe da gloria, pois no pe da cruz e na glorificación do Fillo ela tamén se fai presente. Ela pasa a participar dunha nova maternidade na que son exendrados os fillos do luz, os que son chamados a acollela como algo seu. María pasa a ser nosa. Toda ela é nosa e todo o noso é dela

No hay comentarios:

Publicar un comentario